jueves, 30 de octubre de 2014

Berta e as Competencias

Pouco a pouco...tic,tic,tic, Berta vai decatándose de que o que xa intuía que funcionaba cos seus alumnos é o mesmo que atopa nas propostas de traballo por competencias.

Berta está confusa. Sabe que a proposta de traballo por tarefas, o traballo por competencias, encaixa na liña da educación comprensiva, da aprendizaxe significativa, da aprendizaxe para a vida, da motivación e significatividade como motores principais do proceso de enseñanza-aprendizaxe.

Non entende como as leis de educación se suceden unhas ás outras sen que ningunha acabe de implantarse. Non entende como os libros de texto aprobados polo mesmo ministerio que intenta poteciar as competencias están repletos de exercicios, non entende que a razón principal de que falemos de competencias sexa económica. Non entende por que non hai propostas de traballo nos centros enfocadas ó traballo por competencias que traballen os contidos marcados para cada curso ou etapa. Non entende que non haxa máis recursos de todo tipo encamiñados a esto.

Pero sabe que a teoría encaixa no seu ideario educativo. Nas súas intuicións. Está decidida a seguir o camiño aínda que tamén sabe que para que o cambio sexa completo debe intentar sacar partido ás novas tecnoloxías. Está decidida a camiñar con novos enfoques e recursos metodolóxicos. Só queda esperar que a ilusión que pón, non acabe unha vez máis na frustración. En todo caso o cambio parécelle suficientemente importante como para que produza efectos irreversibles.

 

Competencias Clave

 

Este cartel reflicte a selección das competencias clave que nos gustaría que o noso alumnado de educación primaria adquirise para desenvolverse na súa vida diaria.

Para a súa elaboración empregamos as Apps:

ADOBEIDEAS

PIC COLLAGE

Ademáis do embrego de internet para buscar imaxes.

 

 

 

 

jueves, 23 de octubre de 2014

Berta Bletas o Nudo da historia

Berta Bletas acude todos os días ó seu centro coa sensación de non estar ofrecendo aos seus alumnos todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.O seu medo era sempre superior á súa curiosidade. O tempo non aliviaba a súa insatisfación.Nesa loita por liberarse dese sentimento, decide abrir unha nova ventá na aula por onde foi introducindo moitos mundos: unha tableta.

 

Berta Bletas acude todos os días ó seu centro  coa sensación de non estar ofrecendo aos seus alumnos todas as posibilidades que  ofrecen as novas tecnoloxías.
O seu medo era sempre superior á súa curiosidade. O tempo non aliviaba a súa insatisfación.
Nesa loita por liberarse dese sentimento, decide abrir unha nova ventá na aula por onde foi introducindo moitos mundos: unha tableta.

Presentación

Atrevidos é un grupo que quere perder o medo a equivocarse cando manipule un móbil disposto a atreverse a ensinar e aprender con TICs.
O noso obxectivo é chegar a ser competentes para empregar a tablet como recurso no proceso de ensino-aprendizaxe.