jueves, 30 de octubre de 2014

Berta e as Competencias

Pouco a pouco...tic,tic,tic, Berta vai decatándose de que o que xa intuía que funcionaba cos seus alumnos é o mesmo que atopa nas propostas de traballo por competencias.

Berta está confusa. Sabe que a proposta de traballo por tarefas, o traballo por competencias, encaixa na liña da educación comprensiva, da aprendizaxe significativa, da aprendizaxe para a vida, da motivación e significatividade como motores principais do proceso de enseñanza-aprendizaxe.

Non entende como as leis de educación se suceden unhas ás outras sen que ningunha acabe de implantarse. Non entende como os libros de texto aprobados polo mesmo ministerio que intenta poteciar as competencias están repletos de exercicios, non entende que a razón principal de que falemos de competencias sexa económica. Non entende por que non hai propostas de traballo nos centros enfocadas ó traballo por competencias que traballen os contidos marcados para cada curso ou etapa. Non entende que non haxa máis recursos de todo tipo encamiñados a esto.

Pero sabe que a teoría encaixa no seu ideario educativo. Nas súas intuicións. Está decidida a seguir o camiño aínda que tamén sabe que para que o cambio sexa completo debe intentar sacar partido ás novas tecnoloxías. Está decidida a camiñar con novos enfoques e recursos metodolóxicos. Só queda esperar que a ilusión que pón, non acabe unha vez máis na frustración. En todo caso o cambio parécelle suficientemente importante como para que produza efectos irreversibles.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario